Thursday 16 de May de 2024

O Concello require aos propietarios a tala inmediata dos eucaliptos deitados sobre a avenida Che Guevara


Ante o risco de caída inminente duns eucaliptos sobre a avenida Che Guevera, o Concello notificou ás persoas propietarias dos terreos a súa obriga de tala inmediata. De negarse os propietarios a cumprir o requerimento municipal, baixo o amparo da ordenanza municipal de limpeza e a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Concello procederá a eliminación dos eucaliptos cargándolle todos os custos.

“As árbores están deitadas totalmente sobrevoando a estrada. Como veña un pouco vento e choiva esas árbores caen seguro, nunha estrada chea de coches, de peóns e de ciclistas. A situación é moi grave”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.